Conferencia Oeste da WNBA
Aparencia
A Conferencia Oeste é unha das dúas conferencias que forman a Women's National Basketball Association, e está formada por seis equipos.
Os Playoffs da Conferencia Oeste divídense en dúas roldas, as semifinais de conferencia e as finais de conferencia. O gañador das finais de conferencia, enfróntase ao equipo gañador das finais da conferencia leste nas Finais da WNBA para determinar ao gañador da WNBA.
Equipos
[editar | editar a fonte]Equipo | Cidade | Pavillón | Cores | Entrada na WNBA | Adestrador/a |
---|---|---|---|---|---|
Los Angeles Sparks | Os Ánxeles, CA | Staples Center | Púrpura, dourado | 1997 | Joe Bryant |
Minnesota Lynx | Minneapolis (MN) | Target Center | Azul, verde, prata | 1999 | Cheryl Reeve |
Phoenix Mercury | Phoenix (AZ) | US Airways Center | Púrpura, vermello, verde-amarelo | 1997 | Corey Gaines |
San Antonio Silver Stars | San Antonio (TX) | AT&T Center | Negro, prata | 1997* | Dan Hughes |
Seattle Storm | Seattle, WA | KeyArena | Verde, vermello, dourado | 2000 | Brian Agler |
Tulsa Shock | Tulsa, OK | BOK Center | Negro, vermello, dourado | 1998* | Teresa Edwards |
Antigos equipos
[editar | editar a fonte]Desaparecidos
- Houston Comets (1997–2008)
- Portland Fire (2000–2002)
- Sacramento Monarchs (1997–2009)
Trasladados
- Utah Starzz a San Antonio Silver Stars (2003)
- Detroit Shock (Leste) a Tulsa Shock (2009)